viernes, 9 de marzo de 2012

Xenreira.

Contra todos, hoxe. Hoxe, contra todo.
Non importa o qué, non importa quén, non importa o por qué, serei feliz.
Serei feliz , pero ódiome. E ódioos. Hipócritas.
Seres andantes cun sorriso encantador que non fan máis que sorrir coma absurdos payasos contratados polo circo máis noxento das barriadas dunha cidade desgastada.
Noxento.

Por qué non odialos? Odiaos, ou ódiote. Odiareite.
A xenreira leva semanas xa, non desaparece, nin fai acto de presencia, pero esta ahí. Escóndese baixo a man, detrás da língua, e sempre agarda para saúdar cando non miras.
Xenreira.

Non sei se prefiro que non me comprendan, ou que me ignoren...
...de todas formas, odiareinos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario