jueves, 8 de diciembre de 2011

Observando a caixa.

As veces, notoo.
Notoo pola noite, tirado nunha cama, inconsciente.
Tirado no chan, acariñado dous seres
que doces,
permitironme durmir ó seu carón, facendo frío.

Noto nos meus beizos o sabor de un té,
un té sen demasiado azucre.
Pero doce.

Noto nos meus oídos, o son cariñoso e vello,
dun órgano de gran tamaño.
Pero doce, e melódico.

Noto, na miña pel, como escorrega auga,
auga fría que non doe, é pura.
Agua da chuvia, doce, e melódica.

Noto, con dificultade, como os meus fríos parpados,
se quedan conxelados, impechables,
ante unha imaxe tan fermosa.

Noto, a pequena calor emitida por unha cerilla, acariñandome,
esa cerilla que usa a túa avoa, porque non lle gustan os mecheros.
Esa cerilla, que para outros é misto, pero para ti
que só queres ser feliz, segue a ser cerilla.
Esa cerilla, que vivía con outras moitas nunha caixa vermella,
que algunha vez sentiu o tacto do lado marrón que tanto che gusta tocar,
esa cerilla que se consume para o teu pracer.
Para o pracer de mirala.
Para o pracer de sentir esa calor,
a pesar da súa vida.

Noto a felicidade no que antes reixataba,
noto a felicidade no frío das gotas do rocío que recordo, pero non vexo:
Noto a felicidade no lume, que por causa de aquela cerilla,
arde debaixo dunha pota que me fará feliz dentro de unhas liñas.

Noto a felicidade no sorriso da miña avoa,
que me mira con dozura mentras probo aquel caldo que ela me preparou porque miña nai, ocupada, non poido facerme de comer.

Noto a felicade nas gafas que repousan ó lado dunha pequena dentadura,
que reside, vermella, nunha moble feito polo propio dono.

Noto a felicidade, agochada dentro dunha caixa de zapatos.
Esa caixa de zapatos que agora , esta aberta mentras miro para ela,
recordando con morriña,
noites e noites, que alí gardei.


Pechei a caixa, señores…e esquezino todo…

No hay comentarios:

Publicar un comentario